

O oso e a marmota son grandes amigos e sempre brincan xuntos. É xenial atopar tesouros ou cantar e bailar como se fosen estrelas. Mais unha tarde, o oso dille á marmota que convidou o Pato a brincar con eles. Non pode ser. + marmota non lle chista o Pato. Nin o Pato, nin ningún outro animal que poida estragar a súa amizade en exclusiva co oso. Por iso está decidida a evitar que o Pato vaia enredar con eles. E será quen de facer o que sexa necesario. Que leas provocarán as súas ideas tolas? + fin e ao cabo, pode que ter moitas amizades non sexa tan malo, e si moito máis divertido do que imaxinara.
También podría interesarle